Quinta-feira, Janeiro 5
Sábado, Dezembro 31
Ano novo, blogue novo

Pois iso, que un día destes voltaremos.
...
así, coma quen non quer a cousa
(coido que todo o que son bos desexos para o ano vindeiro van ben resumados no sorriso esperanzado do guajiro á esquerda da faixa)
Sexta-feira, Novembro 18
...
...
...
... ...
... ...
... ... ... ... ... ...
... ... ... ... ... ... ... ... ... ... ... ... ... ... ...
... ... ... ... ... ... ... ... ... ... ... ... ... ... ...
sleeping ... ... ... ... ...
... ... ... ... ...
... ... ...
... ...
...
...
...
...
... ... ... ... ...
... ... ...
... ...
...
...
...
...
Sexta-feira, Outubro 14
Quizabes colla feirados unha tempada.
Toca restruturar referencialmente o eido do combate na trincheira diaria e máis o da expresión cibernética, eivada por unha linguaxe que se me apresenta xa esgotada. Na fin de semana, reflexión e loita.
Para o luns un encargo a min propio: claridade sobre o destino deste Verbas.
[No meio, domingo,unha sesión cinematográfica curativa. E non durmir]
Domingo, Outubro 9
Caseque de semana en semana...
... é cando me atrevo a chantar neste taboleiro internautico algún papeliño novo cun apuntamento vital, algunha fotografía ou algún anuncio, ou mesmo algo de propaganda necesaria.
Razóns, varias. O novo EESP e a súa natureza de illa isolada do cibermundo, o paso máis ben reducido polos pontos de acceso que a Academia amabelmente oferece, unha viaxe ao xeito do circo da AN-PG, algo de troula bonitísima con compañeir@s da casa deses/as dos que xa se pode esquencer que son da casa e pode dárselle en diante carné de amig@s, as festas grandes de Sebeville.
Mais sobre todo anguria e frustración; sequía poético-hipertextual e incapacidade para responder en tan alto nivel como o mundo esixe. Moitas ganas de saldar unha conta pendente (mais só para contraer outra débeda coa pel na que gosto de afundirme).
Agora, traslado ao Mar de Pedra.
[Na retina, aínda, a ledicia e esperanza (nunhas festas dominadas polo mediocre e españolista) de atopar un pasarrúas improvisado case nas sete da mañá por riba do valado grande. Tamboriles, piercings, licorcafé, djembé regado de kalimotxo--Galiza sitio distinto!!]
Terça-feira, Outubro 4
Nunha libreta de hai un tempo
o relato remataba:
"[...] as feridas, cauterizadas con axuda química para arrincarlle mesmo o dereito a morrer desangado e fuxir. Fuxir dos tendóns esgazados a bisturí, dos punzóns rachando o tecido muscular moi lenta e sadicamente. O castigo último, agardar a que os abutres lle peteirasen nos ollos. E pregar por unha fin o menos demorada posíbel."
Esixo, XA!, a instauración de Tribunais Populares (e a pena de morte para determinados casos de deturpación musical).
Sábado, Outubro 1
Resumando...
Dous días cos ollos case chorosos de fitar para a pantalla mirando mares de estrelas e bandeiras vermellas, afogando entre todas as loitas que foron e serán, e descubrindo a Prachanda.
Laieime por outro que caeu na loita, e berrei por dentro "Filiberto, camarada, tu muerte será vengada!!". Rifei comigo mesmo polo estúpido de agardar sempre a que caian para falar dos imprescindibeis.
Atopeime, no Mar de Pedra, moi lindamente retratado nun cartaz, e sentinme encantado. Ben acompañado, secuestrei un exemplar da publicidade para pór a xeito de espello no novo EESP (Espazo Existencial Sentimental e Pétreo, O'Xirarei dixit).
Celebrei cos proxenitores o meio século materno, e rinme con eles das consecuencias na saúde paterna.
Recebín un convite moi tentador que se atopa aínda en debate interno.
Ando en pleno proceso de recollida para trasladar, ao xeito de sapoconcho, o EEF.
E botei contas: catro, tres, dous, ... un día para unha noite desas longas nas que a indecencia (no senso nacional-católico) é grande virtude humana.
Quarta-feira, Setembro 28
en fin, que tanto desprazamento, tanto interactuar socialmente, tanto odio acumulado...
así non hai quen chíe!!
Domingo, Setembro 25
(Coas desculpas previas que esixen certas horas da mañá) A noite continuou luminosa!!
Con dous, moi bos compañeiros, ao redor dunha táboa redonda nunha cea de (re)descubrimento da Terra como aldea gala resistindo agora e sempre ao invasor!! E a Deus grazas que nos resta a apócema máxica.
Sábado, Setembro 24
hoxe foi un día luminoso!
- Unha aperta que faltaba dende hai xa ben tempo, para esquencer tardes co ceo mouro e encetar unha amizade que xa foi.
- Unha tarde de risos materno-filialmente compartida, co (infra)produto audiovisual que tanta graza nos facía hai anos traído grazas a unha maquiniña do tempo.
Quinta-feira, Setembro 22

a billa que non cala.
...iiinnnn
[caseque meia tableta do chiculate do que gostaba hai anos, ao ver ao Son Gokuh]
...iiinnnn
[unha ración de espiritualidade da que permitiu sobreviver o liceu]
...iinnn
[un filme dos de toda a vida]
...iinn
[moitas olladas ao reloxo, asustado]
..inn
[un traballo de "xornalistiña de cables" pendente]
.in
[uns óculos]
..
.
.
e, como hai xa días, sigo inábil para a escrita









